Cruz Vermella de Boiro e JEALSA renovan o convenio de colaboración para seguir co proxecto Ludieduca

13 Abril 2021

A Asemblea Local de Cruz Vermella en Boiro e a conserveira local JEALSA renovaron o convenio de colaboración para seguir co proxecto Ludieduca, co fin de fomentar a participación na sociedade e a educación en valores dos máis pequenos a través de actividades lúdico-educativas.

Dende o comezo da crise da COVID-19, Cruz Vermella Cruz está a actuar en todos os países do mundo afectados, representando a maior mobilización de recursos, capacidades e persoas na súa historia en favor das persoas máis vulnerábeis e da poboación xeral. Do mesmo xeito, JEALSA aposta pola innovación e pola diversificación, sendo un dos principais produtores a nivel mundial.

Neste contexto nace o proxecto Ludieduca en 2012 como experiencia piloto da asemblea de Cruz Vermella en Boiro, desenvolvéndose na actualidade en oito centros de Educación Infantil e Primaria de Pobra do Caramiñal e Boiro. Así, os nenos e nenas de 8 e 9 anos traballan temáticas diversas como a igualdade, a integración de persoas inmigrantes, a alimentación e os hábitos de vida saudábeis ou o medio ambiente. Ademais, realizan accións de lecer e tempo libre fóra do centro educativo e unha excursión cultural anual.

A directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo, sinalou este 13 de abril, trala sinatura formal do convenio, que este encádrase nos obxectivos do programa de responsabilidade social corporativa WeSea, “que pretende apostar por un modelo social que contribúa a unha educación en valores e a unha infancia máis saudábel”. Un compromiso que ten un valor engadido nun momento como o que se está a vivir, engadiu.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.