Comeza a execución das obras de reforma dos espazos de uso común do Mercado de Boiro

27 Abril 2021

O Concello de Boiro comeza a execución das obras de reforma construtiva e de habilitación de espazos de uso común no Mercado Municipal. As actuacións ascenden a un total de 48.000 euros e están co-financiadas mediante o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014 – 2020.

O alcalde, José Ramón Romero, visitou este 27 de abril o mercado para coñecer as obras que se van executar. Estas inclúen a reforma de varios locais e a dotación de pérgolas nos accesos e saídas do Aparcamento Público do Mercado.

Con anterioridade, o Concello de Boiro xa realizou outras tarefas de mellora no Mercado Municipal, co fin de adaptar as súas instalacións para poder solicitar o selo de mercado excelente. De feito, nos últimos anos adecuouse un espazo para a realización de actividades e a dinamización do mercado. Tamén mellorouse a imaxe, renovando a iluminación e realizando outras tarefas de mantemento xeral da instalación.

Agora vaise a actuar sobre un espazo duns 40 metros cadrados, entre a zona de carga e descarga e entrada de traballo. Así, instalaranse vestiarios masculinos e femininos para as persoas traballadoras da praza con aseos e duchas. A maiores, dotarase o espazo dun punto de información e atención ao cliente. Por último, colocaranse unhas pérgolas de protección da choiva na entrada e saída do aparcamento municipal, para facilitar a entrada e saída de peóns e evitar a entrada de auga.

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...