Chega o Campionato Galego de Duatlón o sábado a Boiro

29 Abril 2021

O Concello de Boiro, xunto co Club de Natación Boiro e a Federación Galega de Triatlón, organiza o vindeiro sábado día 1 de maio o Campionato Galego de Duatlón no municipio.

A competición absoluta contará cun máximo de 100 inscricións para as categorías masculinas e outras 100 para a feminina, nas que participarán competidores do club e que o presidente do Club Natación, José Blanco, resaltou que “existen posibilidades de acadar un bo posto na proba”.

A carreira constará de dous circuítos para carreira e un para bicicleta e a transición entre un e outro será na Boqueira de A Negral. “Resulta complicado nun primeiro momento realizar unha proba destas características adaptada á situación actual seguindo todas as medidas de seguridade”, destacou a representante da Federación, Bárbara Carbajales.

A realización da proba ocasionará un cortado de tráfico durante a súa celebración, entre as 16:00 e as 20:00 horas do sábado, como así informou a Policía Local. O corte afectará á Avenida da Constitución no carril de baixada entre a rotonda de Abanqueiro e a rotonda da Avenida Compostela. No carril de subida o corte será entre a rotonda da Avenida de Compostela e o cruce con Robustiano Pérez del Río.

Por último, a proba provocará que o estacionamento nas zonas laterais de ambas marxes da Avenida da Constitución, no tramo comprendido entre as rúas Salvador Allende e Robustiano Pérez del Río estará prohibido a partir das 14:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...