Celada de Antonio Piñeiro preséntase este 30 de abril no Auditorio de Ribeira

26 Abril 2021
O autor de Ribeira presentándonos os detalles doutra das súas obras recentes: A través do fume

Este 30 de abril vaise presentar en Ribeira unha das grandes novidades editoriais da pasada tempada no ámbito das letras galegas: a novela Celada do escritor local Antonio Piñeiro. O acto virá da man da Concellería de Cultura do Concello de Ribeira, a Editorial Xerais de Galicia, a Asociación Cultural e o xornal La Voz de Galicia. Como lembraremos, Celada, editada por Xerais, foi a obra gañadora da sétima edición do Concurso Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. O acto de presentación está previsto ás 20.00 h no Auditorio Municipal.

Intervirán, mais do autor, María José Sampedro, concelleira de Cultura, Francisco Alonso Villaverde, director de Xerais, e Manuel Ruíz Rivas, alcalde de Ribeira.

A Concellería de Cultura de Ribeira agasallará aos asistentes cun exemplar da novela (ata esgotar existencias).

Para acudir á presentación cómpre reservar localidade/es en culturaefestexos@ribeira.gal, do 26 ao 30 de marzo, ás 14.00 h. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, teléfono de contacto e, de ser o caso, se son conviventes (a reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o correo da concellería de Cultura de Ribeira).

A novela

Celada, a obra gañadora da sétima edición do Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, foi unha das grandes sensacións literarias da pasada tempada no ámbito das nosas letras, en boa medida porque supón un novo exemplo da depuración do estilo particular de Antonio Piñeiro, autor que domina á perfección a cualidade de entreter ao lector ao tempo que lle ofrece unha prosa innovadora coma poucas. Celada sitúanos nos anos setenta, unha década se fondas transformación sociais e políticas na que ferven as revoltas universitarias, como por exemplo as protagonizadas en Compostela pola mocidade activista que enchía daquela os campus e as facultades. A novela de Antonio Piñeiro pon o foco nunha destas accións de mobilización, que está a piques de ser desbaratada por redada policial comandada polo inspector Alaín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.