Boiro segue en nivel de restrición medio

26 Abril 2021

Esta mañá volveuse a reunir a Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19 en Boiro, co fin de estudar a incidencia da pandemia no municipio e determinar as medidas e restricións específicas para evitar que aumenten os contaxios.

Polo momento, Boiro mantense no nivel de restrición medio.

Na sesión informouse e que nas últimas semanas producíronse varias derivacións para a recollida de lixo a persoas con positivo, que realizan os operarios de Protección Civil, e que coordinan dende o departamento de Servizos Sociais.

Ademais, os axentes da Policía Local de Boiro interpuxeron na última semana 3 denuncias por incumprir as restricións. En concreto, unha delas foi por non respectar o peche perimetral e as outras por incumprir as limitacións de mobilidade e nocturnidade.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.