Boiro Novo mostra o seu malestar pola cancelación do pleno ordinario de abril

22 Abril 2021
Representantes da plataforma Boiro Novo nunha imaxe de Canal Rías Baixas

A agrupación Boiro Novo que coordina Dores Torrado vén de emitir un comunicado no que mostra o seu malestar “pola cancelación inxustificada do pleno ordinario de abril”. E engaden: “Lamentamos que o PSOE volva as mesmas dinámicas que criticabamos na anterior lexislatura do PP, cancelando plenos arbitrariamente e sen xustificación real”.

A agrupación opina que os motivos achegados polo Goberno local para suspender a sesión, motivacións relacionadas coa seguridade da COVID-19, “non son suficientes para ter tomado tal decisión”, e máis cando, indican, existen uns servizos tecnolóxicos dos que se leva botando man dende hai tempo para garantir a protección das e dos participantes e da cidadanía: “Dende Boiro Novo non temos constancia de que a COVID mutase e pasase de ser un virus biolóxico a ser un virus de transmisión informática, polo que non entendemos que a sesión non se poida celebrar a lo menos de xeito telemático como se viña facendo ata agora, tendo en conta ademais que o Goberno non cancelou a sua axenda de actos públicos”.

E engaden: “Seguimos carecendo de orzamento municipal, o que fai que a día de hoxe continuemos executando as partidas das contas prorrogadas do PP; dende Boiro Novo fixemos hai máis dun mes unha serie de propostas para ese, de momento, inexistente orzamento que terán que agardar outro mes máis para recibir resposta, xunto con varios rogos e preguntas que nos trasladou a veciñanza e que tamén quedarán pendentes de ser debatidos no pleno por culpa desta decisión totalmente arbitraria do Goberno local”.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.