Boiro media para evitar o peche da oficina de Abanca en Escarabote

30 Abril 2021

A única sucursal bancaria que hai en Escarabote pode pechar despois de que se comunicou aos clientes a intención da entidade e os veciños da localidade xa empezaron a mobilizarse para mostrar o seu malestar.

O executivo boirense trata de evitar que os residentes no núcleo queden sen os servizos da oficina. Desde o consistorio xa se realizou unha solicitude formal á entidade financeira para demandar que manteñan activas as súas instalacións, e a próxima semana está prevista unha reunión para tratar este asunto.

Fontes municipais destacaron que Escarabote é un dos núcleos con máis poboación do municipio boirense e comparte cos veciños que a decisión de pechar a oficina de Abanca na localidade ocasiona un importante prexuízo aos clientes da entidade ao verse privados dos servizos que presta a sucursal para a realización de xestións cotiás.

O pasado día 21, o Concello trasladou a Abanca o malestar existente en Boiro por esta situación e o alcalde reiterará a próxima semana na reunión que ten previsto manter co máximo representante da entidade bancaria na zona, o director territorial en Santiago, a necesidade de mantela oficina.

Outros artigos

As festas do Carme dos Pincheiros contan cun Espazo Violeta

O Concello da Pobra do Caramiñal contará cun Espazo Violeta durante as festas do Carme dos Pincheiros 2026. O punto estará situado na praza do Alcalde Segundo Durán e permanecerá operativo durante catro xornadas das celebracións. O Espazo Violeta estará dispoñíbel o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.