Boiro leva a cabo tarefas de saneamento do arbolado dos espazos verdes municipais

07 Abril 2021

O Concello de Boiro vén de levar a cabo unha importante tarefa de saneamento das árbores das principais zonas verdes e xardíns do municipio.
Os operarios de medio ambiente realizaron un estudo das arbores dos espazos axardinados para determinar o seu estado e evitar incidencias.
Fíxose un saneamento de árbores no paseo marítimo de Boiro, no estuario do río Coroño e no parque da Cachada. O servizo de xardinaría, seguindo as indicacións técnicas de medio ambiente, realizou a corta ou poda de aqueles arbores, na súa maioría pinos, que se atopaban enfermos e tiñan risco de caer ou que se desprendesen ramas e producisen incidentes a viandantes e persoas usuarias dos espazos axardinados.
O Concello de Boiro aposta pola recuperación, mellora e acondicionamento dos espazos naturais do municipio. A idade e estado de moitas das árbores dos distintos espazos supoñía un perigo xa que estaban en risco de caer ou de que se desprendesen ramas, como ten pasado a causa dos fortes temporais do inverno, por iso o Concello de Boiro decidiu levar a cabo un estudo das mesmas e afrontar o problema de xeito inmediato.
Con este saneamento dos espazos vense de aumentar a seguridade das zonas verdes máis transitadas á vez que se levan a cabo outras tarefas de acondicionamento das zonas como son reparación de mobiliario ou mellora da
iluminación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.