Boiro, en nivel alto de restricións como medida preventiva

13 Abril 2021

O Concello de Boiro celebrou este 12 de abril unha nova sesión da comisión de traballo COVID. Nela, como de costume, fíxose balance da situación actual en materia de incidencia e lembrouse que o municipio pasa ao nivel alto de restricións “como medida preventiva ao aumentar de xeito significativo os contaxios na última semana”.

Na reunión, amais, fíxose reconto dos resultados obtidos no cribado poboacional realizado a pasada fin de semana polas autoridades sanitarias. No test masivo participaron 4.000 boirenses de ente 30 e 45 anos e asistiu preto do 70% dos convocados e ningún foi positivo. O servizo municipal de Protección Civil colaborou durante toda a fin de semana na organización para a realización das probas, así como na asistencia a confinados con positivo para a recollida de lixo ou entrega de bens de primeira necesidade.

Na sesión informouse tamén de que o departamento de Servizos Sociais segue a coordinar as axudas e necesidades xurdidas das persoas con positivo como son as derivacións a Cáritas para entrega de alimentos ou as tramitacións de tarxetas moedeiro que concede Cruz Vermella así como o servizo de teleasistencia da Deputación Provincial da Coruña.

A Policía Local de Boiro efectuou un total de 8 denuncias na última semana por incumprimentos das medias de prevención específicas: 1 delas por incumprimento do toque de queda; 2 por non respectar as agrupacións máximas de persoas non convivintes; 1 polo uso indebido de máscara; 3 por fumar na vía pública e 1 a un local por incumprimento do horario de peche.

Outros artigos

Este venres comezan as Festas de Cespón 2026

Este venres 14 comezan as Festas de Cespón, unhas moi relevantes celebracións que ofrecerán cinco días de troula, ata o martes 18 de agosto, cun completo programa de actuacións musicais, actividades relixiosas e propostas lúdicas para a rapazada. A festa comezará o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.