BNG presenta iniciativas no concello e no Parlamento para dotar a Ribeira dunha nova residencia pública

22 Abril 2021

O BNG reforza a súa aposta e defensa do sistema público de benestar presentando unha dobre iniciativa, no Parlamento galego e no Concello de Ribeira, para que se faga unha segunda residencia na capital da Barbanza e instar á Xunta a aumentar as prazas públicas de residencia.

A deputada Rosana Pérez e os concelleiros Xosé Vázquez e Luís Pérez, acompañados polos membros do Consello Local Cruz Rivadulla e Vicente Paz, presentaron as iniciativas coas que pretenden contribuír a aumentar o número de prazas de residencias públicas tendo en conta o elevado déficit que existe na actualidade, por mor das políticas aplicadas polo Partido Popular en Galiza, onde só hai 2,3 prazas por cada 100 habitantes de 65 anos e a OMS recomenda cinco.

A deputada, Rosana Pérez Fernández, botou man do informe do Consello Económico e Social da UDC para explicar que o sistema de dependencia só chega ao 51% da poboación beneficiaria. Pérez Fernández asegurou que os obxectivos do goberno galego deben ser garantir que o 100% dos dependentes poidan optar a recursos públicos para cubriren as súas necesidades, algo que non acontece na actualidade pois “a carencia de prazas públicas é evidente ao ser privadas 8 de cada 10 prazas de residencias de maiores en Galiza”. A situación empeora se vemos as longas listas de agarda para acceder a unha praza nunha residencia pública.

Se o panorama a nivel xeral en Galiza é negativo, a situación da Barbanza que tampouco escapa desa situación, para os nacionalistas, a proba máis evidente é que só hai unha residencia pública situada na Pobra do Caramiñal. Ante a situación descrita, a deputada nacionalista detallou que “é preciso incrementar a oferta pública de prazas nas residencias” e solicitaralle ao Goberno galego que aclare se vai aumentar o número destas prazas na Barbanza nos vindeiros anos.

Nova residencia pública 100%

O concelleiro ribeirense, Luís Pérez Barral, lamentou a incapacidade na xestión e a continua improvisación do Partido Popular na localidade para darlle uso ao edificio de Hesta Kurva tras máis de sete anos sen definición e cun custe de 100 000 euros para as arcas públicas. Segundo Barral, en sete anos o PP propuxo diversos usos, “mesmo chegaron a falar en 2018 de regalarllo ao sector privado para facer unha residencia privada coa que sacar cartos” algo que para o edil “fai visíbel o modelo residencial privatizado e mercantilizado no que se converte o dereito á vellez digna nun negocio obxecto de lucro”.

Pérez Barral explicou que o BNG aposta por unha residencia pública 100% e pretende que ese compromiso se faga realidade dándolle un fin social ao edificio das Saíñas para o que propoñen que o Concello de Ribeira ceda Hesta Kurva para que a Xunta constrúa unha nova residencia pública alí. Por outra banda, Pérez Fernández requirirá no Parlamento coñecer as previsións do Goberno galego para habilitar prazas de residencias públicas na Barbanza, esixirá un aumento de prazas públicas ante o seu déficit e instará a aceptar as instalacións de Hesta Kurva darlle utilidade pública para todos os veciños e veciñas.

“É hora de que tanto Xunta como Concello de Ribeira se poñan as pilas, especialmente momento como o actual de pandemia, no que se demostrou que as residencias públicas son garante dunha boa calidade asistencial para as persoas maiores e tiveron un menor índice de contaxios” concluíron.

Actual residencia en Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...