Barbanza Arousa ofrece un bono turístico para vivir experiencias únicas nos nosos concellos

15 Abril 2021
Mirador de Valle Inclán – A Pobra do Caramiñal

Empresas da contorna de Barbanza Arousa súmanse ao bono turístico co fin de ofrecer a experiencia de coñecer Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira a tódolos galegos. Así, a oferta inclúe diferentes aloxamentos, dende hoteis ata cámpings, pensión ou apartamentos co obxectivo de mostrar un dos atractivos deste do destino.

A iniciativa foi moi ben acollida por diferentes hoteis, como o Norat Palmeira Playa, Jopi e MS Boiro, así como as pensións Los Trillizos e Balieiros. Ademais adheríronse os apartamentos Apartadiño, e a Aldea Rural Os Muíños e Entre Ríos en canto a turismo rural. Por último os cámpings Ría de Arosa, Ría de Arosa 2 e Coroso tamén poden ser reservados a través do Bono Turísticos lanzado pola mancomunidade.

As axencias de viaxes como Viajes Fontao, Boiro Travel e Aromatur Galicia tamén se unen a esta oferta co fin de ofrecer experiencias cun alto valor engadido relacionados coas vivencias do Camiño de Santiago A Orixe, deportes acuáticos, turismo activo e experiencias gastronómicas.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.