Aumenta a presión nas UCI galegas e baixa na de Santiago-Barbanza

17 Abril 2021


Os pacientes de Covid nas UCI galegas aumentan en cinco, chegando a un total de 31 e aumentando a presión, mentres que as persoas ingresadas a causa do virus noutros réximes hospitalarios descenden ata as 183 camas ocupadas en total, unha ducia menos que 24 horas atrás. Os novos contagios detectados baixan dos 200, pero a taxa da positividade das PCR repunta ata o 3,1%

A baixada na presión hospitalaria (fóra de coidados intensivos) débese á caída rexistrada nos pacientes en planta, que pasan a 152 (17 menos). Mentres tanto, os casos activos da enfermidade seguen á alza por novena xornada consecutiva, ata alcanzar os 2.590 pacientes, de acordo cos datos ofrecidos este sábado pola Consellería de Sanidade, actualizados ás 18,00 horas do venres.

En Santiago-Barbanza, os ingresados sitúanse nos 24 (-5), dos cales tres se manteñen en coidados intensivos. No resto das área sanitarias mostran unha baixada da presión hospitalaria en seis das sete zonas, fóra de Pontevedra-O Salnés, aínda que hai que ter en conta que en ningunha delas os pacientes en UCI descenden, senón que soben ou se manteñen. Na área da Coruña-Cee, os ingresados baixan en tres, ata os 60 en total, aínda que os críticos soben nun, ata os oito. Unha tendencia similar segue a de Vigo, que contabiliza 34 enfermos hospitalizados (catro menos), dos que cinco (un máis), están na UCI. En Ourense-Verín-O Barco, hai 20 hospitalizados (-1), dos que seis (+1) están críticos; en Lugo-A Mariña-Monforte hai 10 ingresados en total (-1), tres deles (sen cambios) en coidados intensivos; e Ferrol, con seis hospitalizados, segue comoa única área coas UCI libres de Covid.


Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.