Amicos traballa na limpeza da praia Xardín de Boiro

14 Abril 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistiu ao acto de limpeza da praia Xardín de Boiro na mañá deste 14 de abril. O traballo estivo organizado pola asociación Amicos e está incluído no eixo do proxecto Re-mar de custodia ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido das Rías Baixas de Galicia.

O proxecto desenvólvese xunto co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, en condición de socio. Así, Gonzalo Trenor, agradeceu o apoio económico e de persoal que se presta desde o Parque Nacional das Illas Atlánticas para que se poida levar a cabo esta iniciativa. Doutra banda, destacou que “Re-mar baséase na colaboración entre os sectores pesqueiros e máis estreitamente ligados ao mar, a poboación local e os visitantes das Illas Atlánticas de Galicia e a súa área de influencia”.

Ademais, dentro do proxecto, Amicos traballa en 5 liñas fundamentais. A primeira delas consiste na formación de guías ambientais dirixida a persoas con diversidades motrices e cognitivas. O segundo eixe do proxecto consiste na limpeza de praias por parte dos guías ambientais, aínda que tamén participan os pescadores a bordo dos seus buques, submarinistas, e a cidadanía en xeral. Na mesma liña creouse unha aplicación móbil dentro do proxecto, para o seguimento do mesmo. A cuarta iniciativa céntrase na creación do selo de garantía Buque Azul, a través do cal, nun proceso participativo coas Confrarías de Pescadores de Cabo de Cruz, Aguiño, Rianxo e A Illa de Arousa, definíronse as boas prácticas en materia de xestión de residuos a bordo das pequenas embarcacións. Desta forma, deberán cumprir os requisitos para obter o selo Buque Azul nun proceso de auditoría. Neste momento, dito selo estase a difundir nos mercados de abastos e superficies comerciais para intentar iniciar a súa implantación na cadea de subministro. Por último, o proxecto recolle a creación dun campus virtual para escolares con material educativo, tutoriais para realizar pequenas obras de artesanía xoguetes, ademais dun xogo do lixo mariño en versión dixital.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...