Ambar reclama con COCEMFE a activación do novo baremo da discapacidade

29 Abril 2021

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional, con sedes principais en Ribeira e na Pobra, vén de emitir un comunicado conxunto con outras entidades no que fai unha proclama a prol da activación, “con urxencia”, do novo baremo de discapacidade, “despois de máis de 20 anos sen modificarse”. Fíxoo con motivo do Día Nacional da Convención sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional, que se celebra este luns 3 de maio.

A proclama tamén vén rubricada pola confederación estatal COCEMFE e o seu Movemento Asociativo. Segundo indican o sonense Anxo Queiruga, presente de COCEMFE, cómpre poñer remate á longa espera pola actualización: “É necesario e urxente que se axilicen todos os trámites para que o novo baremo se poña en marcha o antes posíbel”.

Un sistema para medir as dificultades das persoas

O baremo, consensuado no seu día entre organizacións, como COCEMFE, o Goberno e as Comunidades Autónomas, é a ferramenta que avalía as dificultades que pode ter unha persoa cunha determinada enfermidade ou condición para desenvolverse na sociedade en igualdade de condicións e lle permite a entrada ao sistema de dereitos establecidos en España grazas á obtención do certificado de discapacidade.

Ambar considera que o actual baremo “está obsoleto”, xa que hai situacións e condicións que “non están sendo recoñecidas e que afectan sobre todo ás persoas con diversidade funcional orgánica, é o caso da fatiga ou a dor, os efectos da carga de tratamento, doenzas reumatolóxicas e outras que cursan con brote, impedindo que as persoas obteñan a valoración do grao de discapacidade que lles debería corresponder e a súa inclusión e participación activa na sociedade”.

Ambar, COCEMFE e o seu Movemento Asociativo lembran que a día de hoxe, “non obter o certificado de discapacidade tradúcese na falta de adaptación curricular na educación, dificultades de acceso e mantemento do emprego, non poder acceder a prazas específicas para persoas con diversidade funcional nas oposicións e dificultades para acceder a certas prestacións económicas”. Sosteñen que a actual disposición, a vixente, non se adapta á Convención sobre os Dereitos das Persoas con Diversidade Funcional das Nacións Unidas posto que o seu enfoque “xira en torno ao modelo médico-rehabilitador da diversidade funcional, é dicir, céntrase no individuo e nas súas limitacións, sen considerar os efectos e interrelacións entre o entorno social e a realidade biolóxica”. Ambar, COCEMFE e o seu Movemento Asociativo reclaman ás diferentes administracións implicadas nos últimos trámites para a súa aprobación definitiva “que axilicen todo o proceso e para que as persoas teñan una valoración axeitada, que lles permita acceder aos dereitos e beneficios que implica e que tratan de compensar a falta de igualdade de oportunidades e o sobrecuste de ter unha diversidade funcional”.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.