Ambar lanza un banco de recursos multiformato a prol da diversidade e a educación integradora

30 Abril 2021
Irene, usuaria de Ambar realizando actividades cun teclado adaptado.

A Asociación Ambar, con sedes en Ribeira e na Pobra, presentará o Banco de Recursos EduDiversa o próximo 3 de maio, ás 19:00 horas. Esta iniciativa online celebrarase con motivo da Semana Internacional da Educación e o Día da Convención dos Dereitos das Persoas con Diversidade Funcional.

O Banco de Recursos EduDiversa é unha iniciativa enmarcada no programa de educación inclusiva que nace para facilitar a tarefa dos profesionais docentes na procura dos recursos que mellor se adapten ás características do seu alumnado. De feito, o banco conta con recursos multiformato, concretamente con aplicacións, programas informáticos educativos, recursos en liña, vídeos e material descargábel. Tamén con consellos, pautas e materiais didácticos sobre atención inclusiva destinados a persoas con e sen diversidade funcional. Estes están apoiados na experiencia dos e das profesionais de Ambar. Doutra banda, ten normativas e protocolos de interese, así como novidades no ámbito da investigación educativa e psicopedagóxicas, convocatorias de formacións e proxectos inclusivos de eficacia probada.

En concreto, a formación ofertada sobre accesibilidade será impartida por Lydia Parga, terapeuta ocupacional de Ambar e responsábel do proxecto Terapia Ocupacional con impresión 3D, que se celebrará no mes de xuño e será de balde. A maiores, haberá unha xuntanza online guiada por María Gómez, mestra e especialista en atención á diversidade funcional de Ambar.

Xa con anterioridade, leváronse a cabo enquisas durante a fase de investigación para ver as necesidades de apoio en atención á diversidade na comarca. Na primeira edición do proxecto formouse a un total de 72 profesionais en atención á diversidade. As temáticas das formación foron o Trastorno do Espectro Autista (TEA), Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH), Diversidade Funcional Sensorial Auditiva e Lingua de Signos Española (LSE) e Trastornos de Conduta en época de pandemia.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.