Abre o prazo de inscrición nos cursos PEL de comunicación en lingua castelá e matemática

14 Abril 2021

O Concello de Ribeira informa de que este 15 de abril ábrese o prazo para presentar solicitudes para participar en dúas accións formativas enmarcadas no PEL-Emprego Sustentábel da Deputación da Coruña. Máis en concreto, un curso de comunicación en lingua castelá e matemática de 240 horas e outro co mesmo nome pero de 400 horas de duración.

Estas accións están dirixidas ao acceso dos niveis 2 e 3 de certificados do Sistema de Formación Profesional para o Emprego, ao desenvolver no proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, co-financiado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo.

Poden presentar solicitudes as persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego.

A presentación de solicitudes desenvolverase de forma telemática a través do Portelo Dixital do Concello de Ribeira, na opción Trámites en liña – Solicitude de Carácter Xeral. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende a propia páxina ou acudir á Oficina de Atención Cidadá do Concello, onde lle será facilitado o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Os cursos son de carácter presencial. O de 240 horas impártese nas seguintes sedes: Acerta Formación SLNE (Cee), El Ábaco (Baio, Zas), Ensino SL (As Pontes), Escola de Finanzas (Oleiros), Forma-Tec Multisectorial SLNE (Padrón), Grupo Athenea (Ordes), Edificio Multiusos Praza das Universidades (Melide), Casa da Cultura (Negreira).

O de 400 desenvolverase nas seguintes localizacións: Forma-TEC Multisectorial SLNE (Padrón) e Escola de Finanzas (Oleiros).

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...