“Abraio no sector pesqueiro, que non participa na nova lei de pesca”. Antón Luaces

22 Abril 2021

A Lei de Pesca Sostible e Investigacións Pesqueiras que, teoricamente, redacta nestes momentos o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e que posiblemente entrará en vigor en xaneiro de 2022, xestase sen contar co consenso do sector pesqueiro español, ao que nada consultou.
O borrador inicial desta Lei, cando se deu a coñecer no mes de xaneiro último, establecía que a mesma sería sometida a consulta pública antes de transformarse nunha norma que poida conxugar a necesaria protección ambiental coa tamén necesaria sustentabilidade económica e social.

A futura Lei -segundo manifestacións do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas- será un instrumento eficaz para alcanzar a modernización do sector pesqueiro español e garantir a súa continuidade para lograr un aproveitamento óptimo e duradeiro dos recursos mariños. (Díxoo na súa primeira visita á Mariña de Lugo). E o propio Ministerio destacaba entón que se efectuaría unha consulta pública para solicitar a opinión de cidadáns e das asociacións e organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma.
Este trámite incumpriuse, segundo fontes do sector pesqueiro consultadas por este diario, que se refiren á existencia dun documento de tres páxinas que “non di nada”. O borrador da nova Lei non se enviará ao sector ata que o aprobe en consello de ministros, unha “nova” modalidade de consenso que ninguén entende e na que o departamento ministerial de Luís Planas non puido introducir opinión algunha de cidadáns, asociacións e organizacións porque estas representacións do sector pesqueiro descoñecen oficialmente o que os ministros poidan aprobar en máis ou menos próximas datas.

Por moito que se tente reservar para o Consello de Ministros o debate desa futura Lei de Pesca, entre os representantes do sector si circulou extraoficialmente o texto. E a opinión é que “hai cousas que gustan e cousas que non gustan”. De calquera modo, tampouco preocupa excesivamente ao sector, convencido como está este de que “non vai ser o último borrador de lei”.
Talvez poida transcender algo máis na reunión que representantes dos armadores de pesca españois manterán a próxima semana coa secretaria xeral de Pesca.

O anteproxecto da Lei de Pesca Sostible que circulaba ata o de agora grazas ao propio Ministerio, “busca” na súa vertente social compatibilizar o dereito dos profesionais do sector para explotar os recursos e a obrigación do Estado de garantir e amparar o fin común e ambiental dos mesmos.
Para o Goberno, a función económica da pesca é imprescindible para mellorar o emprego e as condicións de vida da poboación costeira e do medio rural.
O texto do borrador desta nova Lei estruturábase en 10 títulos e 59 artigos, 1 disposición final, 1 disposición derogativa e 2 disposicións finais. De converterse -cousa moi dubidosa- no texto final da Lei, esta entrará en vigor en xaneiro de 2022. Mentres tanto, o sector pesqueiro mantense á expectativa, por se soa a gaita e consúltaselle respecto diso.

Outros artigos

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

+

“Benvidos campións” – Antón Luaces

Chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid-Barajas. Era primeira hora da tarde do luns. Visitaron aos Reis de España no palacio da Zarzuela e  ao presidente do Goberno na Moncloa. A continuación, nun autobús descuberto, fixeron unha ruada por Madrid que rematou en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.