A Ría de Muros e Noia albergará o Trofeo Fibralar de motonáutica

14 Abril 2021
Pepe Barrio e Pilar Sarmiento

A Federación Galega de Motonáutica vén de anunciar o calendario de competición do Trofeo Fibralar, coa novidade da Ría de Muros e Noia que acollerá unha das probas do Campionato Galego Inclusivo que ten como anfitrión o Real Club Náutico Portosín.

Estévez e Davila

A nova edición contará cun número destacado de pilotos, recorrendo boa parte da comunidade galega cunha decena de localizacións repartidas entre os meses de abril e outubro. A proba comezará en Portosín, pasando o 19 de xuño por Boiro e o caso da etapa pertencente ás augas da Ría de Muros e Noia, a proba desenvolverase o próximo 24 de abril.

A competición rematará en outubro coa recta final na que se disputarán as últimas probas, en A Golada, Baiona e Tui. “Queremos dar as gracias a tódolos municipios e institucións que apoian o deporte adaptado e fan posible este campionato”, admitiu o presidente do ente federativo, José Fernández.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...