A rede de alta velocidade esténdese no concello de Lousame

24 Abril 2021

O Concello de Lousame xestionou un acordo coas principais operadoras de telefonía móbil para estender os servizos da rede de última tecnoloxía na banda 800 MHz en todas as parroquias do municipio. Así, nos vindeiros meses esta tecnoloxía estará dispoñible ao longo do concello ampliándose agora a Camboño e Tállara. Deste xeito, a veciñanza
lousamiá poderá gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre extensión xeográfica.
Esta rede sobre esta nova banda de frecuencias, melloran a velocidade de conexión a internet, servizos de televisión baixo demanda, descargas de música, así como decenas de novos servizos para aproveitar o gran ancho de banda desta tecnoloxía, permitindo conseguir velocidades de ata 150 Mbps.
Esta nova rede de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía lousamiá onde tradicionalmente fallaba a
cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores das edificacións. Asemade permite o uso de innovadores servizos e aplicacións e proporciona significativas melloras tanto en velocidade de descarga como de
envío de datos.

Porén, a implantación desta mellora na rede podería ocasionar nalgún caso incidencias no sinal da Televisión Dixital Terrestre (TDT), polo que a veciñanza pode solicitar unha revisión gratuíta para solucionar calquera problema en
relación coa nova rede de telefonía. As persoas que necesiten esta revisión poden chamar ao teléfono 900 833 999 ou enviar un email a ayuda@llega800.es
Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame, sinalou que “este acordo supón unha importante mellora no día a día da veciñanza do noso concello, especialmente, nun momento no que as conexións a internet son esenciais para o
desenvolvemento social. Por exemplo, no último ano, por mor da pandemia da Covid-19 o teletraballo impúxose na realidade de numerosas empresas, polo que dotar de ferramentas dixitais á cidadanía é máis necesario ca nunca. Se
ben, seguiremos traballando insistentemente para conseguir novos proxectos para estender estas redes de telefonía a todos as parroquias do noso municipio”.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.