A Policía de Rianxo tramitou no primeiro trimestre de ano 121 propostas de sanción por infraccións sanitarias

21 Abril 2021

A Policía Local de Rianxo compartiu o seu balance de actividades relativo ao primeiro trimestre do ano, un informe que ten un claro protagonismo da COVID-19 e das medidas levalas a cabo para pórlle freo no termo municipal. No balance faise saber que ao abeiro das tarefas inspectoras relacionadas co traballo anti-COVID e coa seguridade viaria controláronse un total de 2.784 vehículos e identificáronse 876 persoas.

Dentro da campaña de control de hostalería segura, efectuáronse un total de 492 inspeccións en establecementos hostaleiros en todo o termo municipal. Amais, leváronse a cabo 157 denuncias administrativas en materia de tráfico 17 por condución baixo os efectos de sustancias estupefacientes e 4 por condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas. A maiores, instruíronse 15 atestados por delitos contra a seguridade viaria chegando a detectarse a 4 condutores sen permiso vixente, 10 por alcoholemias positivas e 1 por exceso de velocidade.

En materia sanitaria, os axentes rianxeiros tramitaron 121 propostas de sanción por infraccións relacionadas co control da pandemia, 74 por non uso ou uso incorrecto da máscara de protección, 38 por incumprimento das restricións de mobilidade, 4 por exceso no aforo de reunións, 3 por desprazamentos non xustificados, 1 por consumo de tabaco fóra dos casos permitidos e 1 por incumprimento de medidas na hostalería.

Dende a Policía Local lembran tamén que farán un chamamento á cidadanía para “extremar as medidas preventivas de control da pandemia responsabilidade individual de todas e todos para frear novos contaxios e reducir o seu espallamento”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.