A nova comunidade regueifeira de Taragoña, no programa Fun polo Aire da TVG

30 Abril 2021

A semana pasada culminaron en Taragoña e Asados (Rianxo) os obradoiros de regueifa do certame Enreguéifate 2021, un programa de dinamización lingüística impulsado por cinco Concellos galegos (Santiago de Compostela, Ames, Teo, Pontevedra e Rianxo) para reivindicar a improvisación oral galega, unha longa tradición de retruque verbal e musical que salienta non só polos séculos que ten ás súas costas, senón tamén polos importantes ingredientes de imaxinación, humor e creatividade que pon en xogo.

Por certo que os responsábeis do popular espacio Fun polo Aire, da TVG, quixeron achegarse ás regueifas da rapazada local e plasmárono nun programa trala visita ao CEP Brea Segade de Taragoña.

A maiores, dende Normalización Lingüística do Concello e o dito centro educativo informaron de que en breve serán achegados á Rede novos audiovisuais coas respostas ás regueifas que chegaron de Rianxo.

O xoves 22 de abril celebrouse no CEP Brea Segade de Taragoña o último dos obradoiros escolares de regueifa impartidos por Lupe Blanco e Josinho da Teixeira no Concello de Rianxo. Participaron as nenas e nenos de quinto e sexto de Primaria.

Obxectivos do programa

O obxectivo é achegar os recursos precisos para que as novas xeracións se reencontren cunha das fórmulas creativo-comunicativas máis antigas, tradicionais e singulares da nosa terra: a regueifa. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de improvisación oral galega.

Os Concellos devanditos explican que “a regueifa amosouse nos últimos anos como unha ferramenta idónea para fomentar o uso do galego entre a mocidade, debido á semellanza que este canto improvisado ten con outros formatos prestixiados socialmente nesas idades: rap, batalla de galos…”. As entidades organizadoras salientan tamén o potencial desta tradición oral para impulsar e enriquecer o audiovisual galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...