“A duna sen canteira”. Xurxo Ferrón.

19 Abril 2021

Nos escasos quince días concedidos para presentar alegacións ao Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (PRUX), non son poucos os comentarios críticos e reivindicativos que se deixan escoitar nos distintos medios de comunicación.

A abordaxe de temas complexos, este sen dúbida o é, non se pode nin debe facer dun xeito sinxelo e rectilíneo, e aínda máis cando se propón o establecemento regrado de limitacións ao exercicio de actividades tradicionais ás veciñas e visitantes, así como limitación a dereitos das propiedades. A xustificación vén dada pola necesaria protección integral dun entorno excepcional de grande diversidade, riqueza e peculiaridades medioambientais. Inequivocamente, a súa cualificación e protección vén sendo avaliada pola comunidade científica dende hai xa moitos decenios nacional e internacionalmente.

Considero importantes e necesarios os debates, diálogos e negociacións sosegadas que deben preceder á imprescindible regulamentación dun espazo natural protexido. Mais isto, segundo o sentir xeneralizado, non se fixo.

Aos responsables da elaboración deste PRXU, temos dereito a reclamarlles que uns mínimos de sensibilidade e pedagoxía acompañen o seu traballo. Ao meu entender, co amosado até agora, non os tiveron. Na miña opinión, é un ilustrativo e paradigmático exemplo de ausencia de obxectividade, equidade e coherencia política someter a exposición pública este plan de ordenación natural permitindo unha inxustificada omisión: A Canteira de Casalnovo.

A omisión no texto á necesidade urxente de iniciar un procedemento legal de erradicación e rexeneración da incompatile CANTEIRA, supón un menosprezo ao necesario equilibrio esixible no PRXU, que descarga todo o esforzo nas esixencias a moitas veciñas e veciños, solidario e xeneroso esforzo da cidadanía coa natureza. E supón alentar o sentimento de incomprensión e burla das persoas máis afectadas. É unha loucura por omisión premeditada. Eternizando unha causa de ocaso e menosprezo do Parque que semella ser intocable. Negando credibilidade á ferida. Alleos á necesaria busca da balanza e a razón do equilibrio no tratamento dos perigos reais e potenciais.

Mestura de ruídos atronadores escorrentadores de animais, unha marfallada de ferros, formigón, po e pedras esnaquizadas. Vergoña ambiental indisimulada. Fendedura no monte ferido. Atranco obxectivo para acadar mellor cualificación como Parque Natural. Desprezo político (de tan lamentable actualidade) ás achegas científicas. Obstáculo ao turismo de calidade. “Que cosa fuera – corazón- que cosa fuera, que cosa fuera LA DUNA sin cantera”. Con canteira nunca será un verdadeiro Parque Natural. Desculpas pola torpe filtración desta miña etapa de procura de apoio emocional en Silvio.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.