A Deputación financia a contratación de técnicos de deportes nos concellos da nosa comarca

28 Abril 2021

O BOP vén de publicar a concesión definitiva das axudas da Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia. Este ano, sesenta e nove concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais.

En total, repartiranse 905.000 euros. Concretamente, a área de Santiago terá unha axuda de 282.500 euros, mentres que a de A Coruña e as Mariñas, contará coa metade, uns 162.500 euros. Na mesma liña, a comarca de Ferrolterra posuirá 150.000 euros e a Costa da Morte 170.000 euros. En Barbanza achegaranse 140.000 euros para poder levar a cabo este programa (todos os concellos recibirán 15.000 euros agás Outes e Porto do Son, que percibirán 10.000.

A deputada responsábel da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou que estas axudas “ademais de contribuír á xeración de emprego na provincia, facilitan tamén que os municipios coruñeses poidan desenvolver programación deportivas de carácter estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación, especialmente nenos e maiores”. Deste modo, a Deputación financiará ata o 80% dos custes salariais do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Doutra banda, os concellos poderán contratar a técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo, tamén, a xornada completa.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.