A Deputación da Coruña apoia o traballo de Renacer

28 Abril 2021

A Deputación da Coruña comunicou este 28 de abril, a través da deputada Ana Lamas, que vai achegar medio millón de euros ao mantemento de programas sociosanitarios na provincia. Entre as entidades beneficiadas das axudas (un total de 31) atópase a asociación anti-droga Renacer, con sede en Ribeira.

A deputada destacou o importante servizo que prestan estas asociacións sen ánimo de lucro á sociedade dos concellos, “contribuíndo a garantir o benestar das persoas”.

Estas axudas permitirán financiar servizos de apoio psicolóxico e de atención e información permanente, orientación e asesoramento; terapias de rehabilitación; charlas; foros; campañas de sensibilización; programas formativos; ou xornadas técnicas, entre outras actividades.

As contías van desde os 1.000 euros ata os 40.000.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.