A Deputación apoia a actividade de 215 entidades sociais da provincia, entre elas AMICOS

27 Abril 2021

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou hoxe a sede da Asociación de Pais e Nais e Nenos con Parálise Cerebral (ASPACE) en Osedo (Sada).

Acompañado do presidente da entidade, Antolín Rodríguez, da xerente Sonia Ruiz e doutros membros da xunta directiva, visitaron o complexo ASPACE, que conta con máis de 3.500 metros cadrados nos que se ubican un centro educativo, un centro de día e servizo de residencia, comedor e atención temperá que dan servizo a 115 usuarias e usuarios de numerosos concellos da área coruñesa.

González Formoso interesouse polo funcionamento dos distintos programas de rehabilitación, formación, estimulación e apoio que ASPACE ofrece ás persoas con parálise cerebral e as súas familias, moitos dos cales contan co apoio da Deputación da Coruña a través das liñas de subvencións para entidades sociais.

O presidente visitou tamén o comedor do centro de día, cuxas obras de mellora foron rematadas recentemente e contaron co apoio económico da área de Benestar Social da Deputación da Coruña, que investiu 35.700 euros para renovar a estancia, o mobiliario e a iluminación e adecuala ás necesidades dos usuarios e usuarias do centro.

Asimesmo, agradeceu “o gran labor que realizan os profesionais de ASPACE, unha asociación pioneira no seu ámbito e toda unha unha referencia na atención integral ás persoas con parálise cerebral en Galicia”.

Valentín González Formoso destacou que a Deputación da Coruña reforzou este ano todos os seus programas sociais “para facer fronte ás consecuencias da pandemia e non deixar a ninguén atrás na saída da crise”.

Neste sentido, anunciou que os programas de apoio ás entidades sociais, que este ano contan cun orzamento global cercano aos 3 millóns de euros, “chegarán a 215 asociacións de toda a provincia que, como ASPACE, desenvolven un traballo fundamental no apoio e integración social dos colectivos máis vulnerables ou con necesidades especiais e contribúen a mellorar a vida diaria de miles de persoas”.

Pola súa banda, a xerente de ASPACE, Sonia Ruíz, afirmou a que “na Deputación sempre atopamos un aliado” e agradeceu o apoio da institución provincial en temas de formación, terapias e investimentos necesarios para mellorar o centro. “Medramos moito nos últimos anos grazas a estes apoios”, afirmou

“Quixemos mostrar ao presidente a ultildade das axudas que recibimos, cómo contribúen a mellorar a vida destas persoas e tamén pór sobre a mesa novas demandas e necesidades de futuro de ASPACE que nos permitan seguir mellorando en base a esta alianza que mantemos coa Deputación”, afimou a xerente de ASPACE.

3 millóns ao ano para apoiar ás entidades sociais da provincia

A Deputación da Coruña conta con catro liñas de apoio a entidades sociais: para o mantemento de centros, para programas e servizos de entidades no ámbito social, para apoiar programas sociosanitarios e para financiar os novos investimentos que as entidades precisen. Todas estas liñas, ás que se suman as específicas para a adquisición de vehículos de transporte adaptado, suman arredor de 3 millóns de euros anuais.

O Boletín Oficial da Provinca da Coruña publica hoxe a  primeira resolución provisional dunha destas liñas da área social: a destinada a mantemento de centros de servizos sociais, cun orzamento de 800.000 euros, que chegará a 44 entidades da provincia.

 Centros de día, de rehabilitación psicosocial e laboral, ocupacionais, de acollida, de inclusión social, de menores e vivendas comunitarias son algunhas das instalacións que se manteñen a través deste programa provincial con axudas que van dos 5.900 aos 29.500 euros.

Beneficiario: A.M.I.C.O.S. DA BARBANZA

Obxecto: ED-1. CENTROS RESIDENCIAIS. “SERVIZO RESIDENCIAL DE EMERXENCIA SOCIAL” 14.500 euros

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.