A Deputación achegará axudas a conservatorios e escolas de música e danza da nosa comarca

06 Abril 2021

A Deputación da Coruña destina este ano 368.500 euros para o mantemento dos conservatorios e escolas de música e danza. Esta información, que publicouse hoxe no BOP, está dirixida a 29 concellos da provincia.

Sandra González, a deputada de Educación, afirmou que “a través desta liña quérese dar apoio á formación artística nas diferentes escolas e conservatorios da provincia. Ademais, estes espazos son puntos de encontro para a cidadanía e neles medran futuros artistas”. Doutra banda, a deputada sinalou que “as axudas responden á filosofía da Deputación de facer accesible a formación cultural máis alá das grandes cidades, permitindo que pequenos e medianos concellos podan ofrecer tamén estes servizos”.

Entre as entidades beneficiadas atópanse varias da comarca de Barbanza, concretamente de Lousame, Muros, Noia, Porto do Son e Ribeira. As axudas nestes municipios oscilan entre 8.500 e 20.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.