A aula CeMIT de Boiro achega en maio cursos sobre ecommerce ou xestión de páxinas

14 Abril 2021

O Concello de Boiro, a través da aula CeMIT, ofrece cursos de formación en informática para o mes de maio. Todas as xornadas formativas van ser online, co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria de todas as persoas participantes. As inscricións están xa abertas e, para quen estea interesado ou interesada en participar nalgunha das actividades, sinalarlle que ten toda a información na web da aula CeMIT. Achegaranse recursos sobre comercio electrónico, xestión de páxinas ou como mostrar contidos do mellor xeito posíbel na Rede.

Entre os cursos que se ofertan para o mes de maio están un de manexo de WordPress, que se vai impartir os días 10, 11, 12 e 13 entre as 10.00 e as 12.00 horas de forma online. Vaise ofrecer tamén á cidadanía formación en Tendas Woocomerce os días 24, 25, 26 e 27 de maio, en horario de 10.00 a 12.00 horas. O día 19 de maio, entre as 10.00 e as 12.00 horas, vaise impartir unha xornada sobre Fake News. E os días 31 de maio, 1, 2 e 3 de xuño, en horario de 10.00 a 12.00 horas, será a quenda dunha formación en posicionamento web.

O prazo de inscrición está xa aberto, toda a información na web municipal e na aula CeMIT do Concello de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou vía Whatsapp no 629 769 139.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.