A Asociación de Empresarios de Ribeira móllase polo comercio local coa Campaña do Día Nai 2021

16 Abril 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este 16 de abril as actividades encadradas na Campaña Día da Nai 2021, dirixidas a dinamizar o comercio local e, tamén, recoñecer e premiar a fidelidade das veciñas e veciños que apostan polos establecementos de proximidade. O miolo da campaña é un sorteo dirixido a todos os clientes que merquen e consuman nos establecementos asociados participantes na iniciativa. Quen participe, que deberá ser maior de idade, poderá facelo de balde e sen contraprestación algunha.

Segundo fixo saber o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, o “obxectivo fundamental da campaña é incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira”. Na presentación participou a concelleira María Sampedro.

A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 19 de abril ao 2 de maio de 2021. A forma de participar será mercando e consumindo en calquera local socio e subindo o tícket á web da asociación.

O sorteo realizarase o luns 3 de maio ás 13.00 horas no local da Asociación de Empresarios.

Na campaña poderán participar tódolos consumidores maiores de idade, que se rexistren a tal efecto seguindo as indicacións das bases e que realicen unha compra ou consumición por calquera importe nos establecementos adheridos á iniciativa de promoción, “sempre e cando a compra se realice durante as datas de duración da campaña”. Ou sexa, do 19 de abril ao 02 de maio de 2021. As persoas participantes deberán en todo caso conservar o tícket da compra ou consumición realizada, a fin de dispoñer dun xustificante.

A realización do sorteo celebrarase de xeito telemático mediante un código programado que elixirá aleatoriamente aos agraciados de entre tódolos participantes, ata conseguir o gañador do premio e un suplente.

O consumidor/cliente/usuario rexistrado na campaña, poderá optar aos premios con varias participacións se é o caso, pero, segundo se especifica nas bases, “unha vez agraciado cun premio xa non poderá optar a ningún máis na mesma edición; neste caso non poderá ser a mesma persoa a premiada e o suplente”.

O premio

O premio desta campaña para a persoa participante será unha tarxeta bancaria con un importe de 1.000€ menos a retención dos impostos obrigatorios, o asesoramento dun/unha personal shopper e un coche con chofer para levala aos establecementos que elixa para gastar o premio. Este ten que ser gastado o día 29 de maio nos establecementos participantes. O importe deste premio deberá ser investido nos tres sectores que participan nesta campaña: comercio, hostalería e restauración. Para repartilo entre varios participantes, como máximo a persoa premiada pode gastar 150€ en cada un dos establecementos seleccionados para gastar o premio.

Outros artigos

O BNG reclama ao Goberno reforzar o servizo de Correos en Ribeira

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar novas iniciativas na cámara baixa para reclamar ao Goberno do Estado que leve a cabo todas as accións que garantan a plena operatividade dos servizos de Correos no concello de Ribeira. Demanda manter o...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

Era un rapaz coma moitos outros, coma todos os outros do seu lugar e dos outros. Choraba igual quechoran todos, cando hai que chorar, e sufría coma sofren os febles, os desamparados no mundoorganizado polos poderosos. Era loitador preparado para as inclemencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.