A Asociación Anedia doa libros dos Bolechas sobre a diabetes á Biblioteca de Ribeira

23 Abril 2021

O Día do Libro trae consigo moitas actividades e iniciativas moi interesantes de cara ao progreso da sociedade. Desta vez, a Asociación Anedia (Asociación de nenos, nenas e xente nova con diabetes) vén de mostrar o seu interese e preocupación por esta doenza a través dunha doazón á Biblioteca Municipal de Ribeira dunha serie de libros infantís sobre a diabetes.

Trátase duns exemplares de Os Bolechas titulados Os Bolechas saben o que é a diabetes. Os volumes pretenden contribuír a sensibilizar á sociedade sobre unha enfermidade autoinmune coa que hai que aprender a convivir cada día. As dúas integrantes da entidade, Mónica García e Emma Sobrido foron as encargadas de entregar os libros á concelleira de Educación Juana Brión, nun acto no que destacaron a importancia de “apoiarnos mutuamente e tirar con forza cara adiante, xa que ninguén está só”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.