A ANPA do CEIPP de Palmeira organiza dúas actividades para combater a violencia de xénero

29 Abril 2021

A ANPA do CEIPP de Palmeira vai achegar os días vindeiros dúas relevantes actividades destinadas a fomentar contidos non discriminatorios e programadas ao abeiro da subvención obtida Secretaria Xeral de Igualdade (no marco das axudas para asociacións de nais e pais de centros educativos galegos dirixidas a previr a violencia de xénero).

As actividades, organizadas en colaboración co CEIPP de Palmeira e o Concello de Ribeira, están a dirixidas á rapazada (a primeira) e tamén ás nais e aos pais (a segunda). Trátase da obra de teatro Mai Mai e da charla Pornografía: aprendendo da cultura da violación.

· A obra de teatro Mai Mai, da compañía Baobab Teatro, será o vindeiro mércores 5 de maio do 2021, ás 17.30 horas no Auditorio Municipal de Ribeira.

· A charla formativa e divulgativa Pornografía: aprendendo da cultura da violación será impartida pola Asociación Lilith, o 26 de maio ás 16.30 horas na Sala de Usos Múltiples do CEIPP de Palmeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...