15 mulleres de Boiro e Ribeira participarán nunha xornada de insercción laboral da Asociación Amicos

24 Abril 2021

A aula de Conferencias do Centro Cultural Lustres Rivas do Concello de Ribeira acolleu esta semana un grupo de 15 mulleres participantes no Programa Integrado de Emprego da Asoaciación Amicos 20-21 no que puideron coñecer de primeira man cales son as competencias necesarias para a consecución e mantemento dun emprego dende
un punto de vista directivo.
Juan Carlos Rama, director RRHH de Congalsa, fíxolles chegar a visión sobre que é o que busca unha gran empresa á hora de incorporar persoas. Esta perspectiva, veu a complementar as accións de orientación e formación que están a recibir as participantes neste programa integrado de emprego onde un total de 100 mulleres están a participar co obxetivo de acadar unha oportunidade laboral.
Ademais da orientación e asesoramento en prol da súa inserción laboral, ao largo destes meses recibirán tamén formación en ámbitos como as novas tecnoloxías, idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional, motivación, fomento da capacidade emprendedora ou a prospección empresarial.
PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO
Os programas integrados de emprego son instrumentos dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral, durante un período de 12 meses de persoas demandantes en situación de desemprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este programa, financiado polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia estará en funcionamento hasta o vindeiro mes de novembro. A día de hoxe, leva prestadas máis de 500 sesións de orientación, con máis de 300 horas de formación e xa leva acadadas un 20% de inserción laboral das participantes.
Dende Amicos facemos un chamamento para que tanto mulleres interesadas no programa coma empresas que necesiten incorporar persoas conten e se poñan en contacto coa nosa Área de Emprego.

Outros artigos

Deporte e arte centraron a axenda municipal de Ribeira no marco do 8M

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, participaron este xoves 5 de marzo nos dous actos programados ao abeiro da axenda deseñada con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller: a mesa redonda Muller, deporte e saúde...

+

As mulleres do ámbito social, protagonistas do 8M en Boiro

O Concello de Boiro celebra o 8M coas mulleres do social como protagonistas dun manifesto institucional no que participaron as mulleres de Amicos, BarbanTEA e Aloumiña que reivindicaron os seus dereitos e ratificaron o seu compromiso por unha sociedade mais...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.