Volve á Pobra, en abril e con tres novas temáticas, a formación para maiores da USC

17 Marzo 2021

A veciñanza maior de 50 anos da Pobra do Caramiñal desfrutará dunha atractiva oferta formativa por cuarto ano consecutivo grazas ao programa Camiños de Coñecemento e Experiencia fomentada pola USC (Universidade de Santiago).

Desta vez, o programa transcorrerá no mes de abril e focalizarase en tres novas temáticas: patrimonio industrial, música clásica galega e astronomía. Cada un destes ámbitos constará dunha sesión teórica e outra práctica a cargo do persoal docente asociado ó proxecto.

En primeiro lugar, o 19 de abril, terá lugar o seminario Revisando a historia dende unha perspectiva local, da man de Raúl Soutelo Vázquez e José Manuel Vázquez Lijó. O día 26 volverán cunha visita ao Museo Anfaco da Conserva, en Vigo.

Doutra banda, o 21 de abril será a quenda de Laura Touriñán Morandeira que presentará o seminario Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Na xornada seguinte levarase a cabo a parte práctica.

Por último, será José Ramón González Romay o encargado de impartir o coloquio O sistema solar e a Vía Láctea no día 28, que proseguirá no día 30 coa súa parte práctica a través dunha observación astronómica nocturna.

“É unha metodoloxía participativa e aberta que o ano pasado funcionou moi ben”, indicou a edil Patricia Lojo. Ademais, o rexedor Xosé Lois Piñeiro agradeceu ás entidades que fan posíbel esta actividade, da cal destacou que “tivo moi boa acollida dende o principio”.

Todas estas xornadas de formación terán lugar en horario de 16.30 a 18.00 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán de acordo ás medidas sanitarias por mor da COVID-19. Así, tódolos interesados poderán formular a súa inscrición na casa da cultura Raquel Fernández Soler, co teléfono 981831 545. A matrícula é de balde e ten un límite de 25 prazas.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.