“Verdades a medias e declaracións apocalípticas”. Antón Luaces

19 Marzo 2021

Evitar a captura accidental de cetáceos, ou cando menos monitorizalas cando se produzan, será a misión primordial -talvez máis que pescar- dun total de 13 buques que levarán a bordo cámaras que reflectirán en circuito pechado de televisióna información recompilada que esixe a Secretaría General de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentació (MAPA) para dar resposta ás advertencias neste senso emanadas da Unión Europea.A medida, como xa é notorio, formas parte da estratexia española que tenta establecer medidas qwue minoren e melloren o coñecemento científico para reducir as capturas accidentais de cetáceos durante as actividades pesqueiras. É dicir: realizar proxectos pilotos con esas cámaras, a cambio de non computar as capturas realizadass nas devanditas mareas contra as súas cotas asignadas globalmente a España ata un 2% de cada stock. Os 13 buques pertencen a organizacións de pesca galegas e as cotas afectadas, xarda, xurelo, pescada sur e rapante.Ata aquí, todo máis ou menos admitido. Mais como paga a UE esta receptividade dos pesqueiros galegos?. Pois cunha nota explicativa distribuída o pasado venres pola Comisión Europea (CE)  só a algúns membros do Parlamento Europeo e na súa maior parte da Comisión de Medio Ambente,  feito que produciu unha grande indignación no sector polo “retrato” que a CE fai do seu propio sector pesqueiro evidenciando amáis unha fonda falta de coñecemento sobre a súa actividade. Están chovendo críticas a moreas sob re esta cuestión porque se cuestiona inxustamente o historial impecable -afirma a organización Europêche, que preside o sanluqueño Javier Garat-  de cumprimento das frotas da UE e danan a imaxe do sector, amáis de amosar unha explícita falta de empatía cos pescadores e un fondo descoñecemento da realidade pesqueira.
Cal é o papel da pesca no seo da Comisión Europea encargada, entre outros asuntos deste sector de negociar licenzas de pesca, establecer co Consello de Ministros de Pesca da UE os TAC e cotas das distintas especies -poucas- que se poden pescar cada ano, e levar de cabeza ós armadores e tripulantes nas negociacións (?) post brexit.Canto máis interesado está o Comité de Pesca noutros aspectos que nos propiamente relacionados coa pesca e os milleiros de traballadores dun sector que a propia Unión Europea, a través desta Comisión, está maltratando dende vai anos e levando a onde xa levou centos de buques -especialmente españois- que hoxendía son mera lembranza?.Javier Garat, que é secretario xeral da patronal pesqueira CEPESCA e presidente de Europêche foi claro cando dixo: “os pescadores comunitarios e as súas organizacións desexan manter unha relación construtiva coa Comisión Europea, pero este obxectivo resulta cada vez maís difícil cando a propia Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca considera e describe ao sector coma unha forza  destrutiva”. Con acccións deste calibre, a Unión Europea e o sector pesqueiro non precisa de enimigos: xa os ten na súa estrutura. Abofé.

Outros artigos

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

+

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.