Uns 450 participantes nos campionatos de patinaxe que se celebra en Sirves esta e a próxima fin de semana

O pavillón polideportivo de Sirves, na parroquia ribeirense de Olveira, vai dar cabida este sábado e o próximo aos campionatos de preseleccións libre nos distintos tramos da idade que dan acceso a outras competicións de
carácter autonómico e estatal. Participarán unhas 450 persoas procedentes de clubs das provincias da Coruña e Lugo: 150 mañá nas modalidades cadete, xuvenil, júnior e sénior e 300 o sábado 20 nas categorías benxamín, alevín e infantil.
O evento foi presentado hoxe pola concelleira de Deportes, Juana Brión, e a adestradora do Club Patinaxe Ribeira, Elena Rey, quen significou a calidade dos patinadores e patinadoras participantes.
En streaming
A causa do covid os campionatos serán a porta pechada, pero segundo informou Juana Brión, as probas poderán ser vistas por streaming a través da conta de Youtube do Concello. O horario previsto é de 9.30 a 13.30 horas e de 15.30 a 20 horas.
Enlaces:

  • Mañá: https://www.youtube.com/watch?v=bIKuFiVTrEc
  • Tarde: https://www.youtube.com/watch?v=YpJj9kfGClI Ademais, Elena Rey avanzou que dezasete integrantes do club ribeirense estarán na final autonómica de show grande que se disputará a finais de mes en Bueu, valedeira para ir ao nacional en Lérida; mentres que no mes de abril a entidade estará presente no certame das categorías xuvenil, junior e cuarteto para poder patinar
    no nacional de Alcoy (Alacante).