Unha figueira da Casa de Rosalía para o Pazo de Rianxiño

19 Marzo 2021

Este sábado, 20 de marzo ás 12:00 h, Adolfo Muíños e Anxo Angueira plantarán unha figueira procedente da
Casa Rosalía no Pazo de Rianxiño. Con este simbólico acto, ratifícase a sinatura do convenio de mecenado
que o concello rianxeiro fixo efectivo en Padrón o mes pasado. Rianxo convértese así no noveno concello
amigo da Casa de Rosalía, unha casa que é a de todas as galegas e galegos.
En virtude do convenio anual asinado entre o Concello de Rianxo e a Fundación Rosalía de Castro, polo que
a entidade local achega 1.000 €, tanto os escolares do municipio como as asociacións culturais poderán ter
visitas guiadas de balde á Casa de Rosalía. En tempos de COVID-19, a veciñanza de Rianxo poderá visitar o
museo de xeito gratuíto.
Nos últimos anos estase a promover un proceso de subscrición popular para implicar a empresas, entidades
públicas e persoas individuais na mellora e no sostemento da causa común da Casa da Matanza, “que é a
causa común de Galicia”, en palabras do seu presidente, Anxo Angueira. Centos de persoas de todo o país –
e máis alá- xa se converteron en Amigas da Casa de Rosalía ao apoiar desde 20 euros ao ano a
independencia económica e cultural desta institución, así como a súa sostibilidade financeira. Un obxectivo
que apoia o Concello de Rianxo, comprometido co patrimonio cultural propio e tamén co da irmandada vila
de Padrón, e que se constitúe neste caso tras as pegadas dunha das figuras máis senlleiras da nosa historia
literaria.

Pazo Rianxiño

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...