Tres novas vítimas elevan a 2.278 os falecidos en Galicia pola COVID-19. Sen positivos no cribado do Son

08 Marzo 2021


As autoridades sanitarias han informado na tarde deste luns doutros tres falecementos de persoas diagnosticadas con covid-19, o que eleva a 2.278 as vítimas mortais ligadas coa pandemia en Galicia.

En concreto, as tres mortes das que informa Sanidade producíronse este domingo: unha anciá de 85 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti ( HULA), outra muller de 74 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e un home de 78 no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP). Todos tiñan patoloxías previas.

Previamente, na mañá deste luns informouse doutros sete falecementos. Todos se rexistraron entre o venres e o domingo, e trátase de homes entre os 67 e os 92 anos de idade, tamén con patoloxías previas.

Por outra banda o cribado poboacional a persoas con idades comprendidas entre os 31 e 50 anos do Porto do Son tivo unha participación do 72% cun resultado de 0 positivos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.