Ste Xeito representará o próximo venres a obra Feminíssimas en Rianxo

O venres 12, a compañía de teatro Ste Xeito representará a obra Feminíssimas na Sala Arcos Moldes de Rianxo. A obra consiste nunha creación colectiva e representa diferentes formas de ver o feminismo e a amizade. De feito, a peza fala de tres amigas que entenden o feminismo de maneiras dispares: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Unha das creadoras da obra, a rianxeira Esther Carrodeguas, defínea como “unha maneira de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongruencias e, sobre todo, do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. En resumo, unha comedia negra, moi violeta”.

As persoas interesadas en acudir, deberán reservar as súas localidades a través do correo auditorio@concelloderianxo.gal ou do teléfono 664183217. Cómpre indicar o nome completo e o teléfono do solicitante, ademais de ser ou non convivinte.