Ribeira, incluída nas localidades onde se conmemora este sábado o Día Internacional da Narración Oral

16 Marzo 2021

O Festival Atlántica vai celebrar o Día Internacional da Narración Oral cunha vintena de espectáculos a desenvolver nos concellos de Ribeira, Santiago, As Neves, O Porriño, Mondariz. Fene, Brión, Ourense, A Coruña e Pontevedra. A actividade desenvolverase este 20 de marzo e nela colaboran Sete Falares, Falando a Boca Chea e integrantes do Colectivo NOGA (Narradores Orais de Galicia). Participarán unha vintena de artistas.

En palabras da organización, “será un día de festa e tamén de reivindicación dun oficio que está a sufrir un difícil momento, no que a maioría dos seus integrantes perderon máis do 60 % do seu volume de traballo”.

Entre os artistas participantes figuran Lorena Pinheiro, Raquel Queizás, Dani Blanco, Charo Pita, Pablo Díaz, Vero Rilo, Celso F. Sanmartín, Chus Álvarez, Anxo Moure, Ramiro Neira, Cris de Caldas, Marta Ortiz, Quico Cadaval, Sole Felloza, Pavís Pavós, Baobab, Migallas e Polo Correo do Vento.

Ademais, nesta edición a escritora Fina Casalderrey é a autora do Manifesto, un texto dispoñíbel para os centros de ensino, bibliotecas e concellos e destinado a lembrar “nestes tempos tan especiais” a importancia e a necesidade “das historias a viva voz, o encontro cos outros para celebrar a memoria, a identidade e a lingua”.

As actividades desenvolverase cumprindo coas medidas sanitarias do protocolo COVID-19 vixente no momento da súa realización. O aforo será reducido e as reservas xestiónanse en cada lugar de función. A información relativa aos espectáculo difundirase publicamente en breve.

Outros artigos

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Volve o Concurso de Pintura ao Aire Libre de Noia

O vindeiro sábado 12 de setembro, Noia volverá converterse nun gran lenzo ao aire libre coa celebración do XVIII Concurso de Pintura ao Aire Libre “Juan José Fernández Leiceaga, Sesé”, organizado polo Concello, que informou que🖌️ ao abeiro deste certame...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.