“Redes de deriva de lonxitude ilegal contra o rabil”. Antón Luaces

06 Marzo 2021

Outra vez as cortinas da morte (redes de deriva) empregadas ilegalmente na captura do rabil. Prohibidas en augas da Comisión de Túnidos do Océano Índico (IOTC), nas que faenan un bó número de buques españois, as que son coñecidas popularmente como “cortinas da morte”, con lonxitudes moi superiores á permitida (2.5 quilómetros) están a ser utilizadas por flotas como a de Irán que, a maiores, excede os seus límites de captura reiteradamente, co conseguinte prexuizo para os demáis buques na zona.
A polémica volve ao mar. E após as queixas do Goberno das illas Seychelles, a frota atuneira española amosa a súa perpeplexidade diante da intención de algunhas partes da citada ORP de asignar cota de rabil a frotas que empregan redes de deriva, malia esa prohibición recoñecida internacionalmente.A frota española chama a atención sobre o feito de que as dúas propostas de reconstrución da poboación de rabil publicadas pola Organizacion Rexional de Pesca CTOI de cara á súa reunión extraordinaria a celebrar do 8 al 12 de marzo,  contemplan esta asignación de capturas a frotas que empregan este tipo de redes prohibido.Son propostas “incoherentes” para a española Organización de Produtores Asociados de Grandes Atuneiros Conxeladores (OPAGAC), porque ignoran deliberadamente o uso desas cortinas da morte. Acusan directamente a Irán, Indonesia, India, Sri Lanka, Pakistán e Omán destas práctica ilícitas e láianse  do insuficiente control das mesmas polas súas autoridades nacionais. Son frotas que pescaron aproximadamente o 17% do volume total de rabil capturado no Índico no ano 2019 (aproximadamente 70.000 toneladas) a mesma cantidade que algunhas partes contratantes coidan que habería que reducir para acadar unha recuperación rápida do stock.No caso de Irán, este país duplicou o volume de captura malia estar suxeito a un límite, segundo o plan de recuperación do rabil no Índico. É tamén o país que máis cetáceos captura de xeito incidental (uns 30.000 ao ano) e mantén unha débeda  coa IOTC que o convirte no maior debedor desta organización rexional. Por este motivo, OPAGAC  considera inaudito que a frota iraniana sega a recibir posibilidades de captura nas novas propostas que tentan recuperar a poboación de rabil. De aquí que o director-xerente de OPAGAC, Julio Morón, demande de Bruxelas que esixa “cota cero” para esas frotas de redes de deriva, “así como a inclusión de buques que as utilizan nas listaxes de pesca ilegal”.

Outros artigos

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

Chegou á estación de Renfe coa metade da lingua fóra da boca, tan fóra que a punta daquela lingua calada mollaba e ensuciaba o nó da garabata, que lucía as cores do arco da vella. Antes de suar aquela fermosa prenda de vestir arroupaba a elegancia dun home feito e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.