Os positivos en Boiro seguen en descenso

15 Marzo 2021

O Concello de Boiro celebrou este 15 de marzo unha nova sesión semanal da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19. Segundo fixeron saber os integrantes do equipo de traballo, o número de novos casos positivos e positivos activos segue en descenso, a raíz dos datos publicados pola Consellería de Sanidade. Con todo, indicaron, “cómpre seguir mantendo todas as medidas para garantir que o nivel de contaxios se manteña á baixa”.

Tamén se fixo saber que os operarios de Protección Civil continúan realizando tarefas de limpeza e desinfección de parques infantís e mobiliario público, así como atención a calquera necesidade derivada da COVID-19. Amais, os axentes da Policía Local continúan co control e vixilancia da poboación para garantir que se cumpran as medidas e restricións decretadas polas autoridades sanitarias. Na última semana os axentes interpuxeron un total de 8 denuncias, 3 delas polo uso indebido de máscara; 2 por fumar na vía pública e 3 por incumprir o horario do toque de queda.

Outros artigos

JEALSA acadou en 2024 unha cifra de negocio de 781 millóns de euros

A compañía galega JEALSA, un dos principais referentes do sector conserveiro en Europa pechou o exercicio 2024 cun incremento na súa cifra de negocio, alcanzando os 781 millóns de euros. Este resultado, en liña co exercicio anterior, marca, en palabras da conserveira...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.