O Punto de Atención á Infancia de Lousame abre este día 15 o prazo para a reserva de prazas

O Concello de Lousame abriu o prazo para que as familias poidan solicitar prazas de novo ingreso no Punto de Atención á Infancia (PAI) municipal. O período para presentar as peticións comeza o 15 de marzo e remata o 15 de abril. As solicitudes deberán achegarse xunto coa documentación completa correspondente e poderán presentarse a través da sede electrónica ou no rexistro xeral do Concello.

Para optar ás prazas terán prioridade as familias empadroadas en Lousame, do mesmo xeito que se terán en conta factores como a renda per cápita (as máis baixas terán preferencia).

Asemade, o Concello informa que outorgaranse puntos en diferente medida en función da situación laboral dos proxenitores ou titores, do número de integrantes da familia ou de se algún membro ten algún grao de discapacidade.

Teresa Villaverde, alcaldesa do Concello de Lousame, destacou a importancia deste tipo de servizos que constitúen unha “ferramenta imprescindible para a conciliación familiar da veciñanza do noso municipio”.

A documentación que se debe entregar xunto a solicitude, dispoñible para descargar na páxina web municipal, é a seguinte:

– Copia do libro de familia

– Copia do DNI de ambos proxenitores, ou do titor/a legal

– Certificado de convivencia

– Declaración do Imposto da renda das persoas físicas do último exercicio, de cada membro da unidade familiar maior de 18 anos. No caso de non presentar declaración por non estar obrigado, certificado acreditativo da Axencia Tributaria