O PSOE de Ribeira pregunta ao Concello por unha presunta ocupación de espazo público en Palmeira

18 Marzo 2021

O PSdG-PSOE de Ribeira presentou unha pregunta para ser tratada no pleno da Corporación relativa a unha suposta ocupación dun espazo público na contorna da rúa do Brañal, en Palmeira. Os socialistas din que foron alertados pola veciñanza, que transmitiron o seu malestar á agrupación pola instalación dun valado aramado que, ao parecer, impediría “o uso do lateral da calzada nun espazo que resultou cedido e pasou a dominio público”, sinala o PSOE de Ribeira, engadindo que esta cesión fíxose efectiva ao realizarse o aliñamento das leiras e o posterior asfaltado da vía.

Os socialistas explican que o devandito acontece tamén noutro lateral da casa da que forma parte o valado, tamén en vía asfaltada e cun aliñamento definido, “co consecuente prexuízo para o resto dos usuarios destas vías”, engaden, poñendo o foco no feito de que a ocupación se tivo que levar a cabo en datas recentes, como pode observarse na fotografía aérea que adxuntan no comunicado, polo que “non se trata dun uso anterior ao aliñamento tras o asfaltado”.

Por todo o devandito, os socialistas preguntan ao Concello se “é consciente destes feitos” e tamén polos motivos de consentir “unha ocupación do espazo público que debera estar libre para o uso de todos os cidadáns”. Tamén preguntarán polas medidas que se van tomar para solucionar “esta irregularidade”.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.