“O mar, en feminino”. Antón Luaces

09 Marzo 2021

Ecoan os silenzos con tanta forza como o fixeron ata o de agora os berros e as cantigas na celebración do Día Internacional da Muller que este ano, por mor da pandemia de coronavirus conmemorou con sordina a loita reivindicativa formulada pola muller e con escasa participación do home en todo o mundo.
O mar no podía ser alleo a este feito, e a Consellería do Mar lembrou co I Premio Muller Salgada, outorgado á armadora Raquel Souto, que no mar tamén hai pioneiras, heroínas que abriron camiño a aquelas outras que posteriormente foron ronsel nun mar que, directa ou indirectamente, sempre  falou en feminino.Neste senso a ampla comarca do Barbanza ten dereito a falar alto e claro do papel da muller no sector pesqueiro, máis específicamente no conserveiro onde foi e aínda é man de obra maioritaria. Pero que ninguén esqueza o papel fundamental da muller como redeira, da muller como mariscadora, da muller como vendedora do peixe nos mercados e prazas (o home non vendía), da muller como armadora, da muller como axudante permanente do home que pescaba, da muller que cría e educa os fillos do seu compañeiro de viaxe en parella porque el pouco tempo para na casa, da muller que denuncia a situación do mariñeiro embarcado (velaí a asociación Rosa dos Ventos, de mulleres de mariñeiros), da muller que soluciona en terra o que o home embarcado non pode facer, da muller que representa a punta de lanza reivindicativa na guerra do bonito, na guerra do fletán, nos días de longa noite en augas do banco sahariano, na muller que sufre en terra o días malos que o seu home pasa en Terranova, no Gran Sol, os que ese home pasou nos caladoiros de Boston, os de Namibia… Esa muller que abríu portas en Castiñeiras (Riveira) porque os homes non lles permitían acceder a postos de representividade na confraría de pescadores. Esa muller que, para min, merece algo máis que ser denominada “Muller Salgada”, calificativo para min desafortunado porque o sal da muller do mar leva este en grande medida nas bágoas vertidas na area de calquera praia mentras agarda umnha solución que non chega para,por exemplo, recoñecela como viúva inmediatamente dempois da desaparición no mar do seu compañeiro de vida. Mulleres que na ardora miden momentos de ausencia que só poden substituir co esforzo cotián para facer que todo pareza ir ben cando o seu é ou debería ser botar man dun aparello non só para “atalo” porque ten dereito a un traballo que non sempre se lle concede e que quen o outorga cualifica coma un privilexio. Muller coma unha viúva que coñecín vai moitos anos en Corrubedo, que era “barbeira” a carón da confraría e “armadora” e patroa dunha dorna que a agardaba sempre na praia local, varada e disposta proa a un mar aberto no que as carrulas chiaban de través polo nordés.I Premio Muller Salgada. Moito que premiar e recoñecer, se queremos ser xustos coa Muller Mariñeira. 

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.