O Instituto da Lingua Galega celebra o seu 50 aniversario cun concurso online de vídeos

03 Marzo 2021

O Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) conmemora este 2021 o seu 50 aniversario e co gallo desta celebración puxo en marcha (entre outras actividades) o concurso de vídeo Móvete, destinado ao alumnado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega fóra de Galicia. O obxectivo deste concurso é incentivar o uso do galego e, tamén, dar a coñecer o ILG entre a xente nova. O prazo para a participación iniciouse este luns 1 de marzo, e estará aberto ata o 31 de maio de 2021. Colaboran a Secretaría Xeral de Política Lingüística e máis Gadis.

O concurso está dirixido a alumnado que estea cursando 3º, 4º da ESO, 1º ou 2º de Bacharelato e pódese participar en dúas modalidades, individual e en grupo.

Os vídeos que se presenten a Móvete deberán ser inéditos e orixinais e non poderán superar os dous minutos de duración nin os 300 MB de tamaño. Os temas que se propoñen para a creación de pezas audiovisuais son Móvete co galego, Conmóvete co galego e Promove o galego.

O xurado elixirá un máximo de tres persoas e tres grupos finalistas por tema, valorando a calidade e orixinalidade da peza, así como o uso creativo das tecnoloxías e das ferramentas empregadas.

O premio para o mellor vídeo individual de cada tema consistirá nun teléfono móbil iPhone. O premio para o mellor vídeo en grupo de cada tema será unha vídeo-cámara. Os restantes finalistas recibirán un smartwatch (modalidade individual) e un lote de libros (modalidade de grupo). Ademais, os vídeos difundiranse a través das contas de Instagram e Twitter do ILG e a través da canle de YouTube do instituto, e a peza que obteña unha maior puntuación de acordo coas interaccións a que dea lugar ao longo de todo o concurso recibirá como premio unha tableta. No certame colaboran como dixemos a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a cadea de supermercados Gadis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...