“O gran irmán está no mar”. Antón Luaces

12 Marzo 2021

O novo Regulamento de Control Pesqueiro obriga a instalar cámaras a bordo dos buques pesqueiros, unha medida que non asegura o cumprimento dunha política baseada na obrigación do desembarque.

A Comisión Europea dá un paso máis nesa a súa tarefa de converterse no Gran Irmán do Mar tras os resultados da votación no plenario do Parlamento Europeo da revisión do novo Regulamento de control pesqueiro. A medida enfronta ao sector pesqueiro á máis que segura obrigatoriedade de instalar cámaras a bordo, algo que non só supón a presunción de culpabilidade a priori, senón que non dá resposta ao cumprimento dunha política mal concibida como é a obrigación de desembarque.
A xuízo do sector, o aprobado no plenario da Eurocámara introduce unha maior flexibilidade na marxe de tolerancia para as estimacións de peso realizadas a bordo polos pescadores e a exención do uso de dispositivos de control da potencia do motor para as pesqueiras suxeitas a límites de capturas, pero a obrigación de instalar cámaras para controlar a obrigación de desembarque ” ensombrece a revisión do novo Regulamento e constitúe un elefante na habitación que obstaculiza o normal desenvolvemento da actividade pesqueira”.

A asociación pesqueira europea Europêche confía en que os gobernos dos Estados membros aborden as implicacións de tal decisión durante as negociacións para desenvolver nos próximos meses no seo do Consello para alcanzar unha decisión final que modifique esa idea de que os pescadores declaran menos capturas das que realmente realizan, cuestión que conleva falsear o libro de pesca obrigatorio en cada barco.
Daniel Voces, director xeral de Europêche sinalou que “moitos acusaron aos pescadores de utilizar esta medida -a flexibilidade para as estimacións rexistradas no diario de pesca para cada especie- para declarar menos capturas, unhas acusacións que non teñen en conta as fortes sancións ás que se enfrontan e que esquecen que as cantidades reportadas no diario de pesca son xustamente estimacións que poden ser inferiores ou superiores ás das descargas reais sen ningunha intención maliciosa”. E engade: “Con ou sen marxe de tolerancia o cumprimento dunha declaración fidedigna do peixe capturado está garantido cando se contrastan a pesada no desembarque coas notas de venda”.
O Pleno do Parlamento Europeo respecta nas súas decisións a maioría dos compromisos logrados na Comisión de Pesca da Eurocámara, acordos que axudarán a mellorar a trazabilidad dos produtos do mar ao dixitalizar o seguimento e a notificación das capturas ao longo de toda a cadea de valor. Supón, ademais, unha harmonización das sancións e as medidas de cumprimento dos Estados membros. E a flexibilidade introducida en termos de tempos, escala e burocracia supón un recoñecemento máis axustado da realidade da actividade pesqueira.

Por tan só 8 votos de diferenza, o Parlamento de Europa aprobou unha proposición que, en gran medida, contradi a previamente adoptada pola Comisión de Pesca, e por esa escasa maioría obrígase ao uso de sistemas CCTV (circuíto pechado de televisión) para os barcos pesqueiros de máis de 12 metros de eslora ao identificarse o seu “alto risco” de incumprimento da obrigación de desembarque.
O sector pesqueiro europeo enfróntase desde hai anos a unha política mal concibida -a obrigación de desembarque- que non se axusta á realidade pesqueira actual e que, segundo Europêche, os responsables da toma de decisións tratan de facer cumprir con ferramentas de control e monitoraxe ” intrusivas”. A este respecto subliña que países cunha actividade pesqueira importante, con Noruega e Islandia, con políticas de obrigación de desembarque en vigor, “están en contra do uso de cámaras e, con todo, controlan perfectamente as operacións das súas frotas”, feito que refuta completamente a afirmación da Comisión Europea de que as infraccións nunca se detectarán sen CCTV.
Os prexuízos parecen evidentes e confirman en boa medida o descoñecemento que os membros da CE teñen do que a pesca comunitaria significa. Como algún dirixente de Europêche pediu, instalen os sistema de CCTV nas súas oficinas “para garantir que o diñeiro dos contribuíntes xestiónase e inviste da forma máis adecuada e que ninguén infrinxe a lei no desempeño do seu labor diario”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.