O futuro da Mancomunidade Serra de Barbanza centrou unha xuntanza do BNG comarcal

30 Marzo 2021

O futuro da Mancomunidade Serra de Barbanza, que ten entre os seus obxectivos promover unha xestión de residuos alternativa á prioritaria a nivel galego (centrada en conseguir as máximas taxas de reciclaxe e sustentabilidade ecolóxica), foi a cuestión primordial dunha xuntanza impulsada polo BNG na que participaron os grupos municipais dos concellos integrados na entidade, os parlamentarios nacionalistas Xosé Luís Bará e Rosana Pérez, e o deputado provincial Xosé Luís Penas. Dende o partido nacionalista mostraron a súa preocupación polo que consideran un exemplo de “inacción” por parte mancomunidade en canto “a un futuro inmediato no que se deberán tomar decisións perante o remate do contrato en 2023 coa adxudicataria da planta de reciclaxe de Servia, en Lousame.

“Esta inacción”, sostiveron os nacionalistas, “ten chegado a converterse nunha actitude pouco democrática por parte dos derradeiros presidentes, xa que a asemblea non foi convocada nin unha soa vez ao longo do presente mandato municipal, feito que incorre no incumprimento duns estatutos que marcan a necesidade de que o órgano directivo se celebre cando menos unha vez ao ano”.

Os deputados e a deputada do BNG coincidiron en sinalar o modelo da mancomunidade como “positivo” pois “supón un modelo de reciclaxe descentralizado, cunhas porcentaxes de tratamento dos residuos por riba da media galega e que ademais xera un importante número de postos de traballo”.

Polos ditos motivos, sinalaron, cómpre “analizar canto antes a situación actual da mancomunidade para poder deseñar un plan de acción que teña en conta as directrices da Comisión Europea e mellore a eficacia da actividade desenvolvida de cara ao futuro”.

Os grupos municipais do BNG anunciaron que defenderán en cadansúa sesión plenaria unha moción para solicitar a celebración da asemblea e a realización dun plan de futuro para a planta de reciclaxe, moción que lembran que xa foi debatida pola Corporación de Noia e aprobada por unanimidade.

Pola súa banda, o grupo municipal do BNG en Lousame apoiou unha iniciativa conxunta dos grupos da Corporación que solicitaba a realización dun estudio de viabilidade para o complexo medioambiental.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...