O Festival Virtual do Libro de Galicia achéganos un programa online de 30 actividades

22 Marzo 2021

Os días pasados foi dado a coñecer o programa definitivo da segunda edición do Festival Virtual do Libro de Galicia (FLIV21). A axenda vén finalmente con 30 actividades e máis de 70 persoas convidadas para, en palabras da organización, informar e debater sobre o último ano da cultura do libro en Galicia e sobre algúns dos fitos principais do que “sucedeu, está sucedendo e sucederá na cultura literaria galega”. Celebrarase entre os días 26 e 28 de marzo. O fío temático do festival será o pulo das nosas creadoras e creadores na adversidade da pandemia. Tamén se emprestará unha atención especial ás grandes celebracións deste 2021: a de Pardo Bazán e de Xela Arias, pasando pola Álvaro Cunqueiro, e a conmemoración do Día Mundial do Teatro. Esta segunda edición do FLIV conta co apoio da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O festival poderá seguirse a través do portal de seu.

No devandito portal web celebraranse as actividades nos seus distintos formatos: charla, mesa redonda, conversa ou debate, as presentacións de libros por parte das respectivas editoras a través dos seus representantes e tamén as intervencións teatrais.

A co-directora do festival, Anna R. Figueiredo salienta a oportunidade que representa esta cita virtual, “nun momento no que a meirande parte dos actos culturais seguen a contar cun aforo limitado, ofértase a información do que pasou no mundo cultural, o que acontece e o que se agarda a disposición xeral no portal virtual e durante un ano natural”.

O programa completo da FLIV ofrecerá arredor de 30 actividades entre as que salientar: a charla de Marilar Aleixandre para falar de Emilia Pardo Bazán; Chus Nogueira, que o fará sobre Xela Arias; e as autoras que debaterán sobre literatura infantil e xuvenil como “unha literatura afoutada”, Nee Barros, Irene Fernández, Antía Yañez e Eva Mejuto.

Tamén haberá un debate dedicado a narrativa e á memoria persoal no que participarán, Xesús Fraga, Suso de Toro e Berta Dávila, moderados por Esther Gómez. Ademais destes, Armando Requeixo falará de Cunqueiro e Xosé Ricardo Losada Diéguez falará de Faustino Rey Romero.

Figueiredo explica que a intención desta segunda edición do Festival Virtual do libro e a literatura en galego é “procurara conexión entre as creadoras e creadores da cultura en galego eo público en xeral establecendo unha conexión directa para a revisión do ano literario tras a pandemia e os camiños que se deitan agora ante nós”.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...