O Club de Natación e Triatlón de Boiro ten dúas grandes citas este fin de semana

Esta fin de semana o club de Natación e Triatlón de Boiro disputará dous grandes acontecementos. Xacobo Crego desprazarase a Berlanga (Soria) para participar no 1º clasificatorio de Duatlón para o Campionato de España Eite, que terá lugar a principios de abril en Avilés.

Doutra banda, Noelia Vilarnovo e Manuel Pérez disputarán en Málaga o Campionato de España Infantil. Noelia competirá nos 200 Mariposa, mentres que Manuel participará nos 100 e 200 Braza.