O certame de debate escolar Regueifiñas 2021 mantén aberta a inscrición ata o 22 de marzo

04 Marzo 2021

Regueifiñas 2021, o certame de debate escolar dirixido a alumnado de centros galegos de 4º da ESO e 1º de bacharelato, mantén aberto o prazo de inscrición ata o  vindeiro 22 de marzo. Esta iniciativa, que chega xa á súa terceira edición, consta de dúas fases: competición inicial e debate final.

Os centros que desexen participar enviarán un vídeo onde dous equipos fagan un debate sobre un tema proposto co formato de Regueifas de Ciencia. O xurado visualizará todos os vídeos recibidos e escollerá aos dous mellores equipos de entre todos os participantes para competir na final. Este debate pode realizarse utilizando plataformas de videoconferencia ou similares. O debate final entre os dous equipos finalistas,  será retransmitido por streaming e realizarase telematicamente.

Os vídeos enviaranse ao enderezo electrónico info@regueifas.org e incluirase unha listaxe dos nomes completos das persoas participantes, indicando os nomes do equipo a favor e do equipo en contra, o curso, o centro e o nome e contacto da profesora ou profesor (correo electrónico e teléfono) promotor da iniciativa. Cada correo recibido será respondido cunha confirmación de lectura por parte da organización, o que suporá que o equipo é candidato a gañar o certame. As bases da convocatoria poden consultarse nesta ligazón.

Outros artigos

Extinguidos os incendios forestais de Lousame e Boiro

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedouextinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde. Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.