O BNG de Ribeira solicita repoñer os letreiros esnaquizados e plantar árbores autóctonas no río Artes

25 Marzo 2021

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira presentou estes días unha petición ao Concello para poñer a punto a importante contorna ambiental do río Artes-Sanchanás. Concretamente, os nacionalistas solicitan que sexan repostos os letreiros indicativos esnaquizados e, tamén, que se planten máis árbores autóctonas.

O BNG lembra que a senda fluvial do dito río, o máis relevante do termo municipal, contén ao longo dos seus oito quilómetros de percorrido uns paneis informativos sobre os usos agrarios que había antigamente na zona, das características que presenta o bosque de ribeira ou mesmo información etnográfica sobre os usos e funcionamento dos muíños.

Despois de cinco anos, os nacionalistas cren que algúns destes paneis “precisarían ser renovados para que os datos poidan ser lexíbeis”. Isto é aplicábel a parte dos letreiros que marcan as diferentes distancias do itinerario, esnaquizados por diferentes actos vandálicos e algún mesmo presenta impacto de bala, cuestión que merece a repulsa do Bloque pois entenden “que disparar armas de fogo nun espazo de tránsito de persoas implica un perigo e unha temeridade”.

O concelleiro, Luís Pérez Barral, considera que o Concello de Ribeira debería repoñer a sinalización danada e renovar os paneis nos que a información non se poida ler de maneira clara e precisa.

Por outra banda, Pérez Barral lembrou que en 2015 a súa agrupación propuxo ao Goberno local a plantación de árbores autóctonas no merendeiro que hai no inicio do paseo do Río Artes, “iniciativa que non foi atendida e que voltamos a reiterar ante a demanda da veciñanza de dispoñer dun espazo á sombra no que poder estar nos días de sol e calor” asegurou o edil.

Por último desde o Bloque recollen a demanda veciñal de conservar o patrimonio lingüístico e cultural da zona polo que apostan por instalar un panel coa peculiaridade que tivo este río ao que se lle denominou popularmente con tres nomes diferentes: río Artes, Arlés ou Sanchanás.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...